lunes, 24 de junio de 2024

Derradeira convocatoria Consello da Infancia 2023/2024

Nesta convocatoria votamos as novas candidaturas á presidencia e secretariado para o vindeiro curso 2024/2025. 

O alumnado de cuarto foi o protagonista desta reunión posto que elaboraron os videos para expoñer as súas razóns para formar parte do equipo directivo do Consello da Infancia do seguinte curso. 


A través destes videos as distintas aulas votaron un candidato ou candidata para a presidencia e para a secretaría. Estas votacións leváronse a esta reunión e así entre os representantes de cada aula puidemos escoller e saíron escollidos: 
Iria coma secretaria e Pedro coma presidente. E con isto finalizamos o Consello deste curso e quedamos moi agradecidas e agradecidos por  poder formar parte. 
deixamos un video resumo da reunión final: 






Esperamos que pasedes un bo verán!


Visita ao Concello de Tui

Coma é costume este curso volvimos ao Concello para poñer en claro as nosas peticións para mellorar o noso cole. 

Este curso tivemos novas propostas de mellora e o alumnado explicou todo o que se falou nas distintas aulas. Deixamos un video resumo para poder visualizar o que fixemos: 






sábado, 13 de abril de 2024

TERCEIRA Convocatoria

 Nesta reunión o alumnado estivo escoitando a clasificación das propostas de mellora que fixeran na anterior convocatoria do Consello. 

Estas Propostas foron clasificadas pola secretaria é presidenta do Consello e alumnado de 6º para determinar a súa viabilidade e tratar de pedir axuda aos diferentes organismos da contorna.

Visitaremos o Concello en breve ;)

Ademais, visitounos a Mestra composteira do Concello de Tui, Sara, quen nos explicou a nova guía de residuos de Tui. Tamén lle preguntamos dúbidas sobre o noso Novo sistema de reciclaxe de centro. 

Xa temos novos colectores de orgánico!!! 

Deixamos un vídeo resumo: 



miércoles, 20 de diciembre de 2023

PRIMEIRA TAREFA:"ENXEÑEIROS EN OBRAS PÚBLICAS"

Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito steam na que os protagonistas foron os ananos do cole de infantil.

O obxectivo da tarefa foi mellorar a zona de coches do patio dos nosos soños volvendo a pintar o circuito de seguridade vial para un bo uso dos recursos cos que conta este recuncho do patio.

Para iso, investigamos acerca das sinais de tráfico e o seu uso na rúa. Asimesmo,tamén falamos da prevención de accidentes e situacións de risco.

Unha vez que nos convertemos en expertos do tema, puxémonos mans a obra. Tiñamos unha misión: mellorar a zona de coches do noso patio. Recollemos ideas entre todos de cómo nos gustaría que fose converténdonos en enxeñeiros en obras públicas. Deseñamos en equipo diferentes planos de circuitos onde se recollese todo o aprendido ao longo da tarefa. Seguidamente pedimos axuda ás nosas familias para que nos axudasen a facer o noso soño realidade.

Deixamosvos por aquí un video para que poidades ver como foi o proceso desta tarefa.

Esperamos que vos gustase,

Bo nadal!

martes, 19 de diciembre de 2023

Segunda reunión. Propostas de mellora

 Neste mes de decembro nos reunimos na biblioteca para que cada aula compartira as propostas de mellora para os diferentes espazos do cole, as cales foron votadas nas distintas aulas e teñen sentido porque todo o alumnado puido expresar as súas melloras. 

O cole é de todas e todos as nenas e nenos, é por isto que precisamos que as cousas cambien ou se arranxes baixo a súa mirada. 

Salma e Ángela, a nosa secretaria e presidenta do Consello de quinto curso de primaria, chamaron por teléfono á Sonsoles, Concelleira de educación no Concello de Tui e tamén a Patri, presidenta da ANPA, para convidalas a participar na nosa reunión e poder facer que as propostas de mellora se fagan realidade dentro do posible. 



Agora é a quenda de Salma e Ángela, á volta das vacacións do Nadal terán que clasificar todas as propostas realizadas e prestar atención á súa viabilidade para buscar os organismos ou persoas que poidamos tratar de facer realidade o que se propouxo. 







Grazas a todas por asistir!!! 

Deixamos un mini video con algunhas imaxes da xornada. 



Primeira sesión do Consello. Presentación de representantes

Nesta primeira sesión o alumnado participou compartindo e presentándose como novos candidatos deste Consello das nenas e dos nenos do CEIP Nº1. 



A reunión tivo lugar na biblioteca e a nosa nova secretaria Salma tomou nota de todo na súa acta. Así mesmo, a presidenta, Ángela, tamén estivo levando a súa primeira sesión e dando voz a todos os representantes. 

Deixamos un video resumo: 




miércoles, 28 de junio de 2023

Derradeira sesión do Consello. Peche final do curso 2022-23

Xa temos nova secre e nova presi. Aquí compartimos os resultados: Ángela será a nosa presidenta e Salma a nosa secretaria (alumnas de 4º de primaria neste momento). 

Ademais, para pechar o noso Consello tamén fixemos un círculo compartindo o que máis me gustou do Consello ao longo deste ano. 

As percepcións son moi distintas pero todas moi bonitas. 

Compartimos dous videos, un das candidaturas do Consello do vindeiro curso 23-24 e outro a modo resumo da derradeira reunión na biblioteca. 

Ata o curso que vén alumnado!!!!






ç