Organismo creado para que o noso alumnado teña voz e voto nas propostas que se leven a cabo para mellorar a convivencia na vida diaria no centro.
“Os obxectivos básicos da educación deben ser aprender a aprender, aprender a resolver e aprender a ser.” (UNESCO)
Nesta convocatoria votamos as novas candidaturas á presidencia e secretariado para o vindeiro curso 2024/2025.
O alumnado de cuarto foi o protagonista desta reunión posto que elaboraron os videos para expoñer as súas razóns para formar parte do equipo directivo do Consello da Infancia do seguinte curso.
A través destes videos as distintas aulas votaron un candidato ou candidata para a presidencia e para a secretaría. Estas votacións leváronse a esta reunión e así entre os representantes de cada aula puidemos escoller e saíron escollidos:
Iria coma secretaria e Pedro coma presidente. E con isto finalizamos o Consello deste curso e quedamos moi agradecidas e agradecidos por poder formar parte.
Coma é costume este curso volvimos ao Concello para poñer en claro as nosas peticións para mellorar o noso cole.
Este curso tivemos novas propostas de mellora e o alumnado explicou todo o que se falou nas distintas aulas. Deixamos un video resumo para poder visualizar o que fixemos: