Organismo creado para que o noso alumnado teña voz e voto nas propostas que se leven a cabo para mellorar a convivencia na vida diaria no centro.
“Os obxectivos básicos da educación deben ser aprender a aprender, aprender a resolver e aprender a ser.” (UNESCO)
Na derradeira reunión do Consello estivemos falando sobre todo o realizado durante o curso. Ademais, o alumnado de 4º de primaria presentou neste mes de xuño as súas candidaturas para ser coordinadores e coordinadoras no vindeiro curso escolar.
Todas as clases miraron os videos das candidaturas e realizamos unha votación respectando o principio de paridade para obter a estas persoas coordinadoras.
Este ano como cada curso fixemos unha visita ao Concello de Tui para reunirnos co alcalde e a concelleira de educación e facilitarlle todas as propostas que recopilamos de cada unha das aulas do cole.
O noso obxectivo está claro: queremos un cole que vaia a mellor cada curso e necesitamos colaboración. As familias da AFA sempre colaboran e tamén outras institucións coma o Concello e grazas a eles conseguimos que o noso centro avance. Este curso aprobouse que nos van conceder a finca colindante para ter un patio máis amplo e sobretodo con zonas verdes e sombras. Estamos moi contentas e contentos coa nova.
Cada representate trasladou unha proposta e os coordinadores, Pelayo e Sergio, foron os principais portavoces.
Continuado coas melloras no patio do cole este curso as profes tivemos unha formación con Mar Penela, experta en patios e reformas de espazos. Ela pediunos que lle preguntaramos ao alumnado que lle gusta facer para descubrir os gustos e intereses do noso alumnado en profundidade.
Unha vez tiñamos esta información foi cando nos reunimos con Mar na biblioteca con todo o alumnado representante de cada aula.
Nesta primeira reunión fixemos a constitución do noso Consello da Infancia para o curso 25-26. Despois, tivemos unha segunda convocatoria na que presentamos as nosas propostas de mellora para este curso escolar. Cada aula trouxo as ideas e as explicou na asemblea. Ademais, contamos coa presenza da Concelleira de Tui.
Esta é a orde do día da derradeira reunión do Consello da Infancia deste curso.
No Consello da Infancia seguimos aprendendo, medrando e facendo do noso colexio un espazo máis xusto e participativo. De cara ao vindeiro curso, decidimos facer un cambio importante na linguaxe que usamos no Consello.
Acordamos cambiar os termos "persoa presidenta" e "persoa secretaria" por "persoas coordinadoras".
Este cambio non é só unha cuestión de palabras, senón unha maneira de construír un Consello máis igualitario, inclusivo e colaborativo.
Estas son as candidaturas a persoas coordinadoras. Noraboa a todas!!
Despois dun reconto moi emocionante, xa temos as dúas persoas que exercerán como coordinadoras do Consello da Infancia no vindeiro curso.
NORABOA a Sergio e Pelayo!
Foron escollidos polas súas compañeiras e compañeiros, e estamos seguras e seguros de que farán un traballo estupendo, con responsabilidade, ilusión e moitas ganas de escoitar e propoñer.
O Consello da Infancia segue medrando con voces novas, ideas brillantes e moita participación!
Esta sesión remata valorando os logros acadados. Vémonos o curso que vén, con máis propostas, máis ilusión e moitas ganas de seguir mellorando o cole entre todas e todos.
O 23 de abril tivemos a seguinte xuntanza moi . Este día tivemos uns novos invitados, tres profes dun colexio de Asturias e tres dun colexio de Madrid, que veñen interesados en coñecer como funciona o noso Consello e as diferentes iniciativas para dinamizara aconvivencia e o benestar na anosa comunidade.
📋 Orde do día da reunión:
Lectura da acta anterior
Recollida de palabras chave que definan a nosa cultura de centro. Cada clase aporta comao máximo seis.
Presentación do programa do V Congreso EDUCODS, no que participaremos proximamente
Estamos moi contentos de compartir as nosas ideas e experiencias con persoas doutros colexios, e tamén de aprender delas.
Estas son asa palabras chave recollidas.Estas palabras colocaremolas nun lugar visible do noso colexio.
Despois da reunión, o Consello encargouse de organizar todas as propostas das clases e pensar quen podería axudar a facer realidade cada unha: o profesorado, o alumnado, o ANPA ou o Concello de Tui. A cada persoa ou entidade chegaron as ideas correspondentes.
Chamouse ao Concello para solicitar unha reunión co alcalde e coa concelleira, co obxectivo de explicarlles en persoa as necesidades do noso colexio.
🗓 12 de marzo: visita ao Concello
Ese día, os representantes do Consello da Infancia acudimos á cita e sentímonos moi escoitados.