Mostrando entradas con la etiqueta "curso 2018-2019". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "curso 2018-2019". Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de septiembre de 2019

CONVOCATORIA ABRIL 2019

Neste mes de abril levamos a cabo a nosa proposta que xurde do alumnado: INCLUIR ZONAS VERDES NO PATIO. Para que isto fora posible tiveron que crear un escrito en representación de todos e todas os membros do Consello para facerlle entrega do mesmo no viveiro ao que acudimos de visita grazas as nosas familias que o fixeron posible. 
O alumnado de 6º de primaria realizou os cálculos que foron precisos para contemplar a cantidade de terra que necesitabamos para as macetas do patio e incluir aí as árbores que solicitabamos. 
En Veraleza nos trataron xenial e foron moi atent@s con nós. Nina (secretaria do Consello) e Xabi (antigo presidente do Consello) comentaron todo o que tiñan que decir en nome do resto do alumnado do centro e conseguiron que nos deran 4 árbores para o noso patio. 
GRAZAS VERALEZA. 


sábado, 20 de abril de 2019

Convocatoria Marzo

Nesta nova convocatoria puxemos en común as propostas para celebrar o 50 aniversario do cole, cada aula explicou o que lle gustaría facer neste día tan especial.
Ademáis, o alumnado de 6° de primaria explicou o seu traballo en aula acerca do cálculo da superficie das macetas que temos no patio e comprobar a cantidade de Terra que colle no seu interior para poder facer a petición aos viveiros que estén dispostos a coloborar coa nosa iniciativa. O noso presidente tamén aportou unha idea de posibles colaboradores nesta causa xa que a súa nai ten algún contacto con Tracamon, quen ao mellor pode proporcionarnos algunha cantidade de terra. 
No vindeiro xoves 2 de maio iremos ao viveiro de Tomiño a facer entrega do escrito, o cal foi posto en común nesta convocatoria pola nosa secretaria Nina. No escrito solitamos a axuda de quen quera colaborar coa súa aportación de terra para as macetas e as 4 árbores mais apropiadas para a zona nas que queremos ubicalas. 
Grazas por todo o traballo!!!! 




miércoles, 13 de febrero de 2019

CONVOCATORIA 1 FEBRERO 2019

Nesta convocatoria tivemos que engadir un Novo punto na orde do día que tiñamos prevista (na foto que hai máis abaixo podedes observar os cambios).
Despois aparece un vídeo explicativo sobre todo o que levamos a cabo na xuntanza e o noso nome para a radio do Cole (o cal escollemos dende as propostas das distintas aulas) como petición dende o Equipo da Biblioteca. 




lunes, 14 de enero de 2019

RECOPILACIÓN DAS PROPOSTAS PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

No pasado Consello do 30 de novembro puxemos en común todas as propostas que trouxeron cada un dos representates das aulas. As mestras que colaboramos neste organismo fixemos unha recopilación de todas as ideas e as organizamos no seguinte documento segundo a temática á que pertencen. 
Se trata de telas moi presentes ao longo de todo o curso e que a voz do noso alumnado non quede insonorizada... 

CREAMOS, COMPARTIMOS, PROPOÑEMOS, CONVIVIMOS...




lunes, 26 de noviembre de 2018

CONVOCATORIA 30 NOVEMBRO 2018

Neste mes trataremos de analizar con maior detalle as propostas que se levaron ao Consello na anterior convocatoria. Poñeremolas en común para tratar de facer as melloras oportunas, chegando a acordos, falando sobre cales son primordiais, sobre se algunha podemos iniciala nos ou se precisaremos axuda externa... etc. 



Ademáis, fixemos aportacións en referencia a mellorar a Nosa biblioteca do cole con posibles libros que se poidan mercar neste ano.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que falamos no Consello a modo de cómic...




domingo, 21 de octubre de 2018

CONVOCATORIA 26 DE OUTUBRO 2018

Nesta seguinte convocatoria seguiremos esta orde do día: 



O noso proxecto anual titulado "Na pel dos animais" vai collendo forma e por iso levamos a cabo a primeira posta en común sobre o que se leva traballado nas diferentes aulas. Creemos no noso proxecto e precisamos empaparnos das aprendizaxes dos demais nenos e nenas do cole... E deste xeito seguir unha continuidade e coherencia entre etapas e niveis educativos. 

Todo isto baixo a filosofía de...

COMPARTIR É VIVIR



Nesta nova convocatoria cada aula trouxo as súas propostas de mellora da convivencia no centro, as cales poñeremos en común de cara a seguinte convocatoria deste mes de novembro.
Todos e todas trasladamos as nosas ideas aos membros do Consello acerca do que se traballou nas distintas aulas sobre o que queremos saber sobre os animais e sobre o que xa sabemos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.




E aquí queda a acta da convocatoria:


martes, 9 de octubre de 2018

CONVOCATORIA 28 DE SETEMBRO 2018

O noso Consello xa comezou! O pasado venres día 28 de setembro tivemos a nosa primeira convocatoria tal e como estaba programada. Comezamos por dar a benvid@ aos e ás nov@s membr@s que o compoñen para este curso e así constituimos o Consello en si mesmo. 
Despois o novo presidente pasou a ler a Orde do día cos puntos que se ían tratar e Nina xa trouxo a súa libreta para ir anotando todo e confeccionar a acta. 
Puxemos en común as funcións dos membr@s do Consello así como as funcións estipuladas para o funcionamento do propio Consello e confirmamos que nos parecían as apropiadas.
Tamen se fixo entrega da folla de propostas para a mellora da convivencia no noso cole, unha para cada aula, para indicar posibles aspectos a mellorar ao longo do curso que poidan xurdir no día a día nas aulas.
Ademais, acordamos que daremos as gracias ao Concello de Tui por colaborar con nós e por cumprir algunhas das nosas peticións.



Aqui deixamos a nosa primeira acta confeccionada pola actual secretaria do Consello. 



Por último e para que quede constancia nun medio de comunicación como é o noso blogue do Consello aportamos as funcións definitivas para os membros e o Consello como institución creada por e para @s nos@s nen@s.