Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021/2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021/2022. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de julio de 2022

VISITA AO CONCELLO DE TUI 21-22

Como cada curso algunhas persoas representates do Consello neste ano foron ao Concello de Tui a expoñer as propostas de mellora do noso cole, sobretodo as propostas nas que teñen cabida as intervencións de organismos públicos e nas que precisamos apoio económico. 

Aquí deixamos un video resumo sobre a visita, o noso alumnado estivo xenial! Parabéns!




Visitas polas aulas: problema de lixo no patio

Detectouse un problema de lixo no patio, algo non estaba funcionando e as mestras do equipo de convivencia do cole decidimos actuar. Elaboramos unha presentación na que facíamos pensar ao alumnado no que estaba acontecendo no cole e obter as súas propias ideas acerca do que observaban: é este o noso patio? é o patio que queremos? O alumnado non daba crédito ao visionar as immaxes do seu patio cheo de lixo... 

Fixemos entrega dunha inforgrafía como apoio visual para fomentar hábitos de hixiene, de reciclaxe, e de conservación do medio. Aquí vos queda o enlace á presentación utilizada nas aulas de primaria (as de infantil non foron visitadas xa que non merendan fóra): 

https://www.canva.com/design/DAE4o_S1-vg/zZsmghyMWJDtw8d_BbSCMg/view?utm_content=DAE4o_S1-vg&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink 



lunes, 20 de junio de 2022

Derradeira convocatoria curso 2021-22

 Nesta derradeira convocatoria seguimos a seguinte orde do día: 


O resultado desta reunión podemos resumilo nun breve video. Xa temos novxs candidatxs para a presidencia do noso Consello dxs nenxs do vindeiro curso 2022-2023!!!!! Benvidxs Sofía C., Sofía M. e David. 

A volta das vacacións do verán descubriremos aos novxs representates do vindeiro curso escolar. 

Grazas por este ano!!! Boas vacacións.






CANDIDATURAS AO NOVO CONSELLO CURSO 2022-2023

 

O alumnado de 4º de primaria recibiu a visita das persoas responsables do Consello dxs nenxs neste curso (Iria e Carol, alumnas de 5º de primaria). Elas foron quenes lles explicaron como é o funcionamento do Consello e o traballo que conleva. Unha vez feito isto, dende a titoría o alumnado presentou as súas candidaturas para ser presidentx ou secretarix segundo as súas motivacións e intereses e sabendo o que isto significa. 
Aquí vos deixamos as candidaturas que vimos todo o cole nas nosas aulas para facer a votación democrática dunha persoa representante para a candidatura de presi e outra persoa representate de secre: 



miércoles, 22 de diciembre de 2021

SEGUNDA CONVOCATORIA NOVEMBRO 2021

Boas!!!!

Aquí estamos de novo cunha convocatoria para celebrar o noso Consello. Nesta ocasión reunímonos na biblioteca no mes de novembro. O alumnado representate estaba citado na biblioteca para compartir co resto de representantes das outras aulas as propostas de mellora que teñen para a convivencia no cole. 

Aquí temos o video resumo da nosa segunda reunión:


Agora, toca esperar a que a Presidenta Iria e a secretaria Carol revisen as propostas e as introduzan nun mesmo documento clasificandoas segundo poidan ser respondidas polo profesorado, o ANPA ou o Concello de Tui, así coma outras institucións. 

Mans á obra!!!! Vémonos na seguinte reunión de cara ao segundo trimestre. 

PRIMEIRA CONVOCATORIA OUTUBRO 2021

Estamos de volta no noso Consello dxs nenxs! 

Comezamos o curso enviando as candidaturas para quenes queiran presentarse poidan facelo coa axuda das súas familias. Dende o equipo de convivencia repartimos polas aulas os papeis para participar nas candidaturas, onde logo cada aula ten que votar democráticamente entre os candidatos ou candidatas que se presentaron. 


Despois, tivo lugar a nosa primeira convocatoria na biblioteca, celebrada no mes de outubro. Nesta primeira convocatoria o que fixemos foi formar o Consello e presentar aos seus representantes. 
Ademais, tamén fixemos entrega do seguinte soporte para cada aula onde terán que escribir as propostas que se lles ocorran para mellorar a convivencia do cole. 


Aquí vai un mini video resumo da nosa primeira reunión: