martes, 26 de septiembre de 2017

ACTA DO PRIMEIRO CONSELLO DOS NEN@S DO CURSO 17-18

A Secretaria do Consello, Nina, de Terceiro de Primaria estivo moi atenta e resumiu todo o que aconteceu nesta acta tan feitiña.

Tódalas clases presentaron as súas mascotas,púxose un número a cada unha delas e cada membro do Consello despois de observalas con moita atención , elexiu a súa favorita. 


No primeiro reconto houbo un empate entre unha Moucha e unha Gata. Asique procedeuse ao desempate e saiu gañadora unha  Moucha chamada Athenea.


Esta é a foto que sacamos de despedida dos membros do 1º Consello dos Nen@s do noso Cole.


Este é o taboleiro que se atopará en cada clase para anotar propostas para mellorar o Cole ao longo do curso.