lunes, 4 de julio de 2022

VISITA AO CONCELLO DE TUI 21-22

Como cada curso algunhas persoas representates do Consello neste ano foron ao Concello de Tui a expoñer as propostas de mellora do noso cole, sobretodo as propostas nas que teñen cabida as intervencións de organismos públicos e nas que precisamos apoio económico. 

Aquí deixamos un video resumo sobre a visita, o noso alumnado estivo xenial! Parabéns!




Visitas polas aulas: problema de lixo no patio

Detectouse un problema de lixo no patio, algo non estaba funcionando e as mestras do equipo de convivencia do cole decidimos actuar. Elaboramos unha presentación na que facíamos pensar ao alumnado no que estaba acontecendo no cole e obter as súas propias ideas acerca do que observaban: é este o noso patio? é o patio que queremos? O alumnado non daba crédito ao visionar as immaxes do seu patio cheo de lixo... 

Fixemos entrega dunha inforgrafía como apoio visual para fomentar hábitos de hixiene, de reciclaxe, e de conservación do medio. Aquí vos queda o enlace á presentación utilizada nas aulas de primaria (as de infantil non foron visitadas xa que non merendan fóra): 

https://www.canva.com/design/DAE4o_S1-vg/zZsmghyMWJDtw8d_BbSCMg/view?utm_content=DAE4o_S1-vg&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink