Neste mes de febreiro imos ter unha nova convocatoria o vindeiro venres 26. Reuniremonos mantendo as distancias de seguridade e normas de hixiene e falaremos sobre os aspectos que se contemplan na seguinte orde do día:
XA VOS CONTAREMOS!!!!!
Neste mes de febreiro imos ter unha nova convocatoria o vindeiro venres 26. Reuniremonos mantendo as distancias de seguridade e normas de hixiene e falaremos sobre os aspectos que se contemplan na seguinte orde do día:
XA VOS CONTAREMOS!!!!!
Esta convocatoria no mes de novembro foi especial e diferente. Probamos a reunirnos de maneira telemática debido a situación de emerxencia sanitaria para comprobar que tal funcionaría no caso de que tiveramos que reunirnos dende as nosas casas.
Foi unha nova experiencia e todo o cole probamos a conectarnos utilizando a aplicación Falemos.
Non conseguimos acadar todos os cursos debido a mala conexión a Internet. A causa disto, o presidente Simón e a secretaria Nina propuxeron facer un video recopilatorio de todas as propostas de cada aula para que puideramos proxectalo e así escoitar con mais calma. Aquí queda o resultado. Noraboa a todxs!
Esta primeira convocatoria foi diferente con respecto a facemos noutros comezos de curso xa que nos reuninos no exterior do cole mantendo as distancias de seguridad e compartindo os puntos do día a seguir cos representates de cada aula.
Comezaron Nina e Simón por facer unha pequena introdución do Consello explicando aos novos membros de que se trata e para que o facemos. Mais abaixo podedes ver o video coa presentación. Quedou chulísimo!
Para rematar fixemos entrega do panel para as aulas onde teñen que facer as súas propostas para mellorar a convivencia no cole. Falaremos sobre isto na vindeira convocatoria cara finais do mes de novembro.
Despois de tanto tempo sen poder reunirnos mañá por fin imos ter a primeira convocatoria do Consello.
Canto botabamos de menos o noso Consello!!!!
Aquí vos deixamos a orde do día que imos seguir para a nosa reunión de comezo de curso 2020/2021:
Como novidade diseñamos as funcións dos membros do Consello máis accesibles. Observade no seguinte link e poñede atención para escoitar facendo clic nas iconas dos libros abertos: https://www.thinglink.com/scene/1373378876910075906