miércoles, 14 de diciembre de 2022

SEGUNDA SESIÓN CURSO 22-23

Nesta segunda reunión o alumnado trouxo preparado das súas respectivas aulas o panel que se lle entregou na sesión anterior coas propostas de mellora para poñer en común co resto das clases. Todo o mundo expuso as súas ideas e foron recollidas polas mestras responsables do equipo de convivencia para ser trasladadas a un documento conxunto que será elaborado pola secretaria e o presidente do noso Consello, Sofía e David e que compartiremos aquí unha vez estea feito. 

O alumnado sentiuse escoitado e arropado polo resto das aulas. Ademais, como novidade recuperamos os plenos para o Consello e asistiron nesta ocasión os alumnos e alumnas da clase de 1º de primaria, podendo compartir as súas suxerencias ou rogos ao finalizar a convocatoria aínda que sen ter voto. 

Deixamos o video resumo a continuación: 





PRIMEIRA SESIÓN CURSO 22-23

Ola de novo a todo o mundo!!!! 

Nesta primeira convocatoria fixemos a nosa primeira reunión na biblio, como era antes da pandemia!!! Que ben poder xuntarnos coma antes e falar no círculo respectando a palabra dos demais. 

A convocatoria tiña uns puntos a seguir como é costume nas nosas reunións do Consello. Nesta ocasión tivemos que presentar aos novos membros e a directiva fíxoxe cargo: Sofía Crusat e David, da clase de 5º de primaria. Deron a benvida e entregaron a todos os membros o panel de propostas de mellora do cole no referido aos espazos comúns: 


Para finalizar a sesión David e Sofía encargáronse de compartir co resto de representantes de cada aula os logros que se conseguiron dende o ano 2018 ata o momento grazas as propostas do noso alumnado e grazas ao funcionamento do noso Consello dxs nenxs. Se ben é certo que tamén se puxeron en común as cousas que todavían quedan pendentes e que non logramos acadar por diferentes motivos (falta de recursos económicos, falta de espazo...). Aínda así, seguiremos insistindo e traballando duro dende o Consello e contando coa axuda das nosas familias e o Cocello de Tui para poder dar cabida ao máximo de propostas e ideas do noso alumnado. 
Xa vos contamos! Un saúdo!