Organismo creado para que o noso alumnado teña voz e voto nas propostas que se leven a cabo para mellorar a convivencia na vida diaria no centro.
“Os obxectivos básicos da educación deben ser aprender a aprender, aprender a resolver e aprender a ser.” (UNESCO)
Nesta convocatoria votamos as novas candidaturas á presidencia e secretariado para o vindeiro curso 2024/2025.
O alumnado de cuarto foi o protagonista desta reunión posto que elaboraron os videos para expoñer as súas razóns para formar parte do equipo directivo do Consello da Infancia do seguinte curso.
A través destes videos as distintas aulas votaron un candidato ou candidata para a presidencia e para a secretaría. Estas votacións leváronse a esta reunión e así entre os representantes de cada aula puidemos escoller e saíron escollidos:
Iria coma secretaria e Pedro coma presidente. E con isto finalizamos o Consello deste curso e quedamos moi agradecidas e agradecidos por poder formar parte.
Coma é costume este curso volvimos ao Concello para poñer en claro as nosas peticións para mellorar o noso cole.
Este curso tivemos novas propostas de mellora e o alumnado explicou todo o que se falou nas distintas aulas. Deixamos un video resumo para poder visualizar o que fixemos:
Neste mes de decembro nos reunimos na biblioteca para que cada aula compartira as propostas de mellora para os diferentes espazos do cole, as cales foron votadas nas distintas aulas e teñen sentido porque todo o alumnado puido expresar as súas melloras.
O cole é de todas e todos as nenas e nenos, é por isto que precisamos que as cousas cambien ou se arranxes baixo a súa mirada.
Salma e Ángela, a nosa secretaria e presidenta do Consello de quinto curso de primaria, chamaron por teléfono á Sonsoles, Concelleira de educación no Concello de Tui e tamén a Patri, presidenta da ANPA, para convidalas a participar na nosa reunión e poder facer que as propostas de mellora se fagan realidade dentro do posible.
Agora é a quenda de Salma e Ángela, á volta das vacacións do Nadal terán que clasificar todas as propostas realizadas e prestar atención á súa viabilidade para buscar os organismos ou persoas que poidamos tratar de facer realidade o que se propouxo.
Grazas a todas por asistir!!!
Deixamos un mini video con algunhas imaxes da xornada.
Nesta primeira sesión o alumnado participou compartindo e presentándose como novos candidatos deste Consello das nenas e dos nenos do CEIP Nº1.
A reunión tivo lugar na biblioteca e a nosa nova secretaria Salma tomou nota de todo na súa acta. Así mesmo, a presidenta, Ángela, tamén estivo levando a súa primeira sesión e dando voz a todos os representantes.