miércoles, 21 de octubre de 2020

Primeira convocatoria 16 de Outubro do 2020

Esta primeira convocatoria foi diferente con respecto a facemos noutros comezos de curso xa que nos reuninos no exterior do cole mantendo as distancias de seguridad e compartindo os puntos do día a seguir cos representates de cada aula. 

Comezaron Nina e Simón por facer unha pequena introdución do Consello explicando aos novos membros de que se trata e para que o facemos. Mais abaixo podedes ver o video coa presentación. Quedou chulísimo! 

Para rematar fixemos entrega do panel para as aulas onde teñen que facer as súas propostas para mellorar a convivencia no cole. Falaremos sobre isto na vindeira convocatoria cara finais do mes de novembro.  



jueves, 15 de octubre de 2020

Estamos de Volta! Por fin!

Despois de tanto tempo sen poder reunirnos mañá por fin imos ter a primeira convocatoria do Consello. 

Canto botabamos de menos o noso Consello!!!! 

Aquí vos deixamos a orde do día que imos seguir para a nosa reunión de comezo de curso 2020/2021: 


Como novidade diseñamos as funcións dos membros do Consello máis accesibles. Observade no seguinte link e poñede atención para escoitar facendo clic nas iconas dos libros abertos: https://www.thinglink.com/scene/1373378876910075906