miércoles, 28 de junio de 2023

Derradeira sesión do Consello. Peche final do curso 2022-23

Xa temos nova secre e nova presi. Aquí compartimos os resultados: Ángela será a nosa presidenta e Salma a nosa secretaria (alumnas de 4º de primaria neste momento). 

Ademais, para pechar o noso Consello tamén fixemos un círculo compartindo o que máis me gustou do Consello ao longo deste ano. 

As percepcións son moi distintas pero todas moi bonitas. 

Compartimos dous videos, un das candidaturas do Consello do vindeiro curso 23-24 e outro a modo resumo da derradeira reunión na biblioteca. 

Ata o curso que vén alumnado!!!!






ç


martes, 6 de junio de 2023

Visita ao Concello de Tui. Temos cita co alcalde!

Un ano máis chegou o gran día de visitar o Concello e de poder ter a oportunidade real de explicar que tipo de necesidades temos coma nenas e nenas co cole Nº1 de Tui en canto ao que se refire mellorar os nosos espazos de convivencia. 

A verdade que nos recibiron cos brazos abertos e todo o mundo puido explicar as súas aportacións, incluso se fixemos as peticións que precisabamos para celebrar o noso III Congreso EDUCODS na Corredoira de TUI.

Estivemos charlando co alcalde e deixamos por escrito e de xeito oral todo o que necesitamos. O noso cole é pequeno pero precisa moitos cambios, coma por exemplo esa pista de herba artificial que tanto pedimos cada ano ou un parque en boas condicións para o seu uso. 

Deixamos un pequeno video sobre o resumo da visita. 

Ata pronto!




Preparamos a visita ao Concello de Tui. Queremos mellorar o cole!

 Pois si, definitivamente queremos e precisamos mellorar os espazos do noso cole. Por isto, coma cada ano as persoas representantes do Consello dos nenos deste curso preparamos a visita ao Concello e cada aula estivo encargada de explicar as nosas necesidades o situación. Deixamos unhas fotos nas que se observan como o Consello estamos preparando a visita e debatendo sobre como é mellor abordar cada temática. 

Saúdos!!!! 





TERCEIRA SESIÓN CURSO 22-23

 Nesta nova convocatoria o alumnado tiña unha misión. Debía de traer consigo as ideas que xurdiron na aula para a creación do Jingle da Radio no noso programa A voz de Athenea. 

De novo, démoslle voz e voto ao noso alumnado facendo propostas sobre algo significativo para elas e eles. Todas as aulas levaron as súas ideas e o noso presidente puxo en común as aportacións. 

Unha vez expostas, pasamos a realizar as votacións de novo e coa axuda do profe de música Roi pasamos a gravar o Jingle definitivo. "A voz de Athenea para ti e para calquera...". Aquí deixamos unha mostra do proceso.