viernes, 20 de diciembre de 2019

CARTA DE AGRADECEMENTO Á FUNDACIÓN IGUALARTE

Nestes días estivemos a escribir unha carta para agradecer á Fundación Igualarte a súa visita para inaugurar o noso Proxecto de centro Robotizarte. Deron un concerto de música do que todos e todas desfrutamos moitísimo e viñeron convidados e pola súa conta, por iso, decidimos facer unha carta en agradecemento ás súa vontade e xenerosidade. 
Nina e Simón escribiron a carta (a nosa secretaria e o noso presidente) e tiveron a idea de que lle podíamos enviar un debuxo, entón todas as clases foron escribindo e debuxando nun folio tamaño A3 o seu sentir. Aquí vos quedan as fotos do resultado e proceso!

GRAZAS IGUALARTE!!