miércoles, 10 de junio de 2020

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS TELEMÁTICAS PARA ESCOLLER O PROXECTO DO VINDEIRO CURSO 2020/2021

Fai unhas semanas enviouse ao alumnado e familias un enlace para que puiderades escoller o noso proxecto de centro do vindeiro curso 2020/2021. Todos os anos no mes de maio temos unha convocatoria no Consello para que os representantes de cada aula, en base ao que se votou democraticamente nas diferentes aulas previamente, elixan unha temática para o noso seguinte proxecto de centro. Este ano, como todos e todas sabedes non puido ser coma sempre...e por iso optamos por esta forma. 


Asi, tendo en conta as persoas que participaron as temáticas mais votadas foron o medioambiente, os animais e o espazo, sendo esta última a que tiña mais votos e estando as outras dúas empatadas en número de votacións. Así pois, temos o pracer de comunicarvos que a temática do noso vindeiro proxecto de centro para o curso 2020/2021 será: O ESPAZO. As boas novas son que as dúas temáticas que tamén saíron mais votadas teñen moito que ver co espazo, polo que traballaremos todo de forma interrelacionada, así será mais divertido!!!!!





Así que... míramonos o curso que vén...aínda que... estaremos noutra galaxia? Esperemos que todo volva á normalidade e continuemos xunt@s no noso cole! 



Bicos e apertas a todos e todas!