lunes, 28 de octubre de 2019

Convocatoria Outubro 2019

Nesta convocatoria puxemos en común as Propostas de cada aula para mellorar o noso patio. A idea é darlle continuidade ao proxecto do patio dos nosos soños que se levou a cabo no curso 2016/2017. E así continuar a desenvolver as diferentes zonas de xogo estipuladas e a darlle voz e voto ao noso alumnado, tentando facer realidade esas Propostas.


miércoles, 9 de octubre de 2019

Primeira convocatoria outubro 2019

E aquí estamos de volta coa nosa primeira xuntanza do ano. Constituimos o Consello c@s diferentes representant@s de cada aula. Todos e todas asistiron e fixemos unha posta en común sobre as diferentes funcións que hai que desenvolver cuando se forma parte do Consello. Este ano introducimos unha unha figura: cada un ou unha d@s representan@s de cada aula asume a función de secretari@ e terá que tomar nota de todo o que se fale durante as diferentes convocatorias. Ademáis faremos plenos para que poidan asistir os demais nenos e nenas do centro así coma outr@s profes que se incorporaron neste curso ao centro. 



martes, 8 de octubre de 2019

Palabras de Nina sobre o Consello

A nosa secretaria, Nina, escribiu unhas fermosas palabras ao Consello. Explicando para que sirve e as cousas que fixemos noutros anos. Grazas Nina pola túa dedicación e compromiso no cargo que desenvolves e como membro do Consello.