miércoles, 20 de diciembre de 2023

PRIMEIRA TAREFA:"ENXEÑEIROS EN OBRAS PÚBLICAS"

Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito steam na que os protagonistas foron os ananos do cole de infantil.

O obxectivo da tarefa foi mellorar a zona de coches do patio dos nosos soños volvendo a pintar o circuito de seguridade vial para un bo uso dos recursos cos que conta este recuncho do patio.

Para iso, investigamos acerca das sinais de tráfico e o seu uso na rúa. Asimesmo,tamén falamos da prevención de accidentes e situacións de risco.

Unha vez que nos convertemos en expertos do tema, puxémonos mans a obra. Tiñamos unha misión: mellorar a zona de coches do noso patio. Recollemos ideas entre todos de cómo nos gustaría que fose converténdonos en enxeñeiros en obras públicas. Deseñamos en equipo diferentes planos de circuitos onde se recollese todo o aprendido ao longo da tarefa. Seguidamente pedimos axuda ás nosas familias para que nos axudasen a facer o noso soño realidade.

Deixamosvos por aquí un video para que poidades ver como foi o proceso desta tarefa.

Esperamos que vos gustase,

Bo nadal!

martes, 19 de diciembre de 2023

Segunda reunión. Propostas de mellora

 Neste mes de decembro nos reunimos na biblioteca para que cada aula compartira as propostas de mellora para os diferentes espazos do cole, as cales foron votadas nas distintas aulas e teñen sentido porque todo o alumnado puido expresar as súas melloras. 

O cole é de todas e todos as nenas e nenos, é por isto que precisamos que as cousas cambien ou se arranxes baixo a súa mirada. 

Salma e Ángela, a nosa secretaria e presidenta do Consello de quinto curso de primaria, chamaron por teléfono á Sonsoles, Concelleira de educación no Concello de Tui e tamén a Patri, presidenta da ANPA, para convidalas a participar na nosa reunión e poder facer que as propostas de mellora se fagan realidade dentro do posible. 



Agora é a quenda de Salma e Ángela, á volta das vacacións do Nadal terán que clasificar todas as propostas realizadas e prestar atención á súa viabilidade para buscar os organismos ou persoas que poidamos tratar de facer realidade o que se propouxo. 







Grazas a todas por asistir!!! 

Deixamos un mini video con algunhas imaxes da xornada. 



Primeira sesión do Consello. Presentación de representantes

Nesta primeira sesión o alumnado participou compartindo e presentándose como novos candidatos deste Consello das nenas e dos nenos do CEIP Nº1. 



A reunión tivo lugar na biblioteca e a nosa nova secretaria Salma tomou nota de todo na súa acta. Así mesmo, a presidenta, Ángela, tamén estivo levando a súa primeira sesión e dando voz a todos os representantes. 

Deixamos un video resumo: