Primeira reunión do Consello da Infancia
O pasado 11 de outubro, celebrouse a primeira reunión do Consello da Infancia deste curso 2024-2025. Foi un encontro moi especial, xa que serviu para dar a benvida aos novos membros e iniciar oficialmente o traballo deste novo curso.
📝 Orde do día:
-
Presentación dos novos membros: Cada representante tivo a oportunidade de presentarse e contar por que quixo formar parte do Consello.
-
Constitución oficial do Consello 2024-2025: A partir deste momento, o Consello queda formalmente constituído e preparado para comezar a traballar nas ideas e propostas que melloren a vida no colexio.
-
Rogos e preguntas: Os membros puideron expresar as súas primeiras impresións e tamén comentar algunhas ideas iniciais.O presidente e a secretaria repartiron a cada clase unha táboa para que durante os próximos días, cada clase encherá a súa táboa coas ideas que vaian xurdindo. Estas propostas serán presentadas na próxima reunión do Consello, onde se valorarán e se intentará poñer en marcha algunhas delas.
Comezamos con moita ilusión, con ganas de escoitar, propoñer e facer do noso cole un lugar mellor para todas e todos. A partir de agora, as voces do alumnado seguirán soando con forza no Consello da Infancia.