O pasado 26 de novembro celebramos a segunda reunión do Consello da Infancia no noso colexio. Nesta ocasión invitamos a concelleira de Educación e varios representantes do ANPA, que foron invitados para escoitar de primeira man as propostas do alumnado para mellorar o cole.
Durante a sesión, cada clase compartiu as súas ideas, previamente traballadas nas aulas grazas á táboa repartida na primeira reunión. Foi unha mañá moi participativa e enriquecedora, na que se escoitaron propostas moi interesantes e realistas.