Despois da reunión, o Consello encargouse de organizar todas as propostas das clases e pensar quen podería axudar a facer realidade cada unha: o profesorado, o alumnado, o ANPA ou o Concello de Tui. A cada persoa ou entidade chegaron as ideas correspondentes.
Chamouse ao Concello para solicitar unha reunión co alcalde e coa concelleira, co obxectivo de explicarlles en persoa as necesidades do noso colexio.
🗓 12 de marzo: visita ao Concello
Ese día, os representantes do Consello da Infancia acudimos á cita e sentímonos moi escoitados.