viernes, 20 de junio de 2025

DERRADEIRA REUNIÓN

 Esta é a orde do día da derradeira reunión do Consello da Infancia deste curso.


No Consello da Infancia seguimos aprendendo, medrando e facendo do noso colexio un espazo máis xusto e participativo. De cara ao vindeiro curso, decidimos facer un cambio importante na linguaxe que usamos no Consello.

Acordamos cambiar os termos "persoa presidenta" e "persoa secretaria" por "persoas coordinadoras".

Este cambio non é só unha cuestión de palabras, senón unha maneira de construír un Consello máis igualitario, inclusivo e colaborativo.

Estas son as candidaturas a persoas coordinadoras. Noraboa a todas!! 


Despois dun reconto moi emocionante, xa temos as dúas persoas que exercerán como coordinadoras do Consello da Infancia no vindeiro curso.

NORABOA a Sergio e Pelayo!

Foron escollidos polas súas compañeiras e compañeiros, e estamos seguras e seguros de que farán un traballo estupendo, con responsabilidade, ilusión e moitas ganas de escoitar e propoñer.

O Consello da Infancia segue medrando con voces novas, ideas brillantes e moita participación!

Esta sesión remata valorando os logros acadados. Vémonos o curso que vén, con máis propostas, máis ilusión e moitas ganas de seguir mellorando o cole entre todas e todos.

QUE BONITO É SENTIRSE ESCOITADO!