viernes, 11 de octubre de 2024

PRIMEIRA REUNIÓN.



Primeira reunión do Consello da Infancia

O pasado 11 de outubro, celebrouse a primeira reunión do Consello da Infancia deste curso 2024-2025. Foi un encontro moi especial, xa que serviu para dar a benvida aos novos membros e iniciar oficialmente o traballo deste novo curso.

📝 Orde do día:

  1. Presentación dos novos membros: Cada representante tivo a oportunidade de presentarse e contar por que quixo formar parte do Consello.

  2. Constitución oficial do Consello 2024-2025: A partir deste momento, o Consello queda formalmente constituído e preparado para comezar a traballar nas ideas e propostas que melloren a vida no colexio.

  3. Rogos e preguntas: Os membros puideron expresar as súas primeiras impresións e tamén comentar algunhas ideas iniciais.O presidente e a secretaria repartiron a cada clase unha táboa para que durante os próximos días, cada clase encherá a súa táboa coas ideas que vaian xurdindo. Estas propostas serán presentadas na próxima reunión do Consello, onde se valorarán e se intentará poñer en marcha algunhas delas.

  4. Comezamos con moita ilusión, con ganas de escoitar, propoñer e facer do noso cole un lugar mellor para todas e todos. A partir de agora, as voces do alumnado seguirán soando con forza no Consello da Infancia.





 

domingo, 29 de septiembre de 2024

COMEZAMOS!!


Comezamos o curso... e tamén o Consello da Infancia!

Este mes comezamos o novo curso escolar 2024-2025 cunha proposta moi especial: a convocatoria para formar parte do Consello da Infancia.

Todos os nenos e nenas que queiran presentarse como representantes da súa clase teñen ata o luns 7 de outubro para entregar a súa candidatura. Para iso, deberán cubrir un pequeno papel explicando as súas cualidades e por que pensan que poden ser bos representantes da súa aula.

En cada clase, dende infantil ata primaria, escolleremos dous representantes por votación democrática. Máis adiante, os representantes escollidos participarán nunha primeira reunión na biblioteca do cole, onde se constituirá oficialmente o novo Consello da Infancia 2024-2025 e se dará a benvida aos novos membros.

💬 Animámosvos a participar! Esta é unha oportunidade para que a vosa voz se escoite, para facer propostas, mellorar a escola e representar aos vosos compañeiros e compañeiras.









 

lunes, 24 de junio de 2024

Derradeira convocatoria Consello da Infancia 2023/2024

Nesta convocatoria votamos as novas candidaturas á presidencia e secretariado para o vindeiro curso 2024/2025. 

O alumnado de cuarto foi o protagonista desta reunión posto que elaboraron os videos para expoñer as súas razóns para formar parte do equipo directivo do Consello da Infancia do seguinte curso. 


A través destes videos as distintas aulas votaron un candidato ou candidata para a presidencia e para a secretaría. Estas votacións leváronse a esta reunión e así entre os representantes de cada aula puidemos escoller e saíron escollidos: 
Iria coma secretaria e Pedro coma presidente. E con isto finalizamos o Consello deste curso e quedamos moi agradecidas e agradecidos por  poder formar parte. 
deixamos un video resumo da reunión final: 






Esperamos que pasedes un bo verán!


Visita ao Concello de Tui

Coma é costume este curso volvimos ao Concello para poñer en claro as nosas peticións para mellorar o noso cole. 

Este curso tivemos novas propostas de mellora e o alumnado explicou todo o que se falou nas distintas aulas. Deixamos un video resumo para poder visualizar o que fixemos: 






sábado, 13 de abril de 2024

TERCEIRA Convocatoria

 Nesta reunión o alumnado estivo escoitando a clasificación das propostas de mellora que fixeran na anterior convocatoria do Consello. 

Estas Propostas foron clasificadas pola secretaria é presidenta do Consello e alumnado de 6º para determinar a súa viabilidade e tratar de pedir axuda aos diferentes organismos da contorna.

Visitaremos o Concello en breve ;)

Ademais, visitounos a Mestra composteira do Concello de Tui, Sara, quen nos explicou a nova guía de residuos de Tui. Tamén lle preguntamos dúbidas sobre o noso Novo sistema de reciclaxe de centro. 

Xa temos novos colectores de orgánico!!! 

Deixamos un vídeo resumo: 



miércoles, 20 de diciembre de 2023

PRIMEIRA TAREFA:"ENXEÑEIROS EN OBRAS PÚBLICAS"

Comezamos este novo curso cunha nova tarefa do ámbito steam na que os protagonistas foron os ananos do cole de infantil.

O obxectivo da tarefa foi mellorar a zona de coches do patio dos nosos soños volvendo a pintar o circuito de seguridade vial para un bo uso dos recursos cos que conta este recuncho do patio.

Para iso, investigamos acerca das sinais de tráfico e o seu uso na rúa. Asimesmo,tamén falamos da prevención de accidentes e situacións de risco.

Unha vez que nos convertemos en expertos do tema, puxémonos mans a obra. Tiñamos unha misión: mellorar a zona de coches do noso patio. Recollemos ideas entre todos de cómo nos gustaría que fose converténdonos en enxeñeiros en obras públicas. Deseñamos en equipo diferentes planos de circuitos onde se recollese todo o aprendido ao longo da tarefa. Seguidamente pedimos axuda ás nosas familias para que nos axudasen a facer o noso soño realidade.

Deixamosvos por aquí un video para que poidades ver como foi o proceso desta tarefa.

Esperamos que vos gustase,

Bo nadal!

martes, 19 de diciembre de 2023

Segunda reunión. Propostas de mellora

 Neste mes de decembro nos reunimos na biblioteca para que cada aula compartira as propostas de mellora para os diferentes espazos do cole, as cales foron votadas nas distintas aulas e teñen sentido porque todo o alumnado puido expresar as súas melloras. 

O cole é de todas e todos as nenas e nenos, é por isto que precisamos que as cousas cambien ou se arranxes baixo a súa mirada. 

Salma e Ángela, a nosa secretaria e presidenta do Consello de quinto curso de primaria, chamaron por teléfono á Sonsoles, Concelleira de educación no Concello de Tui e tamén a Patri, presidenta da ANPA, para convidalas a participar na nosa reunión e poder facer que as propostas de mellora se fagan realidade dentro do posible. 



Agora é a quenda de Salma e Ángela, á volta das vacacións do Nadal terán que clasificar todas as propostas realizadas e prestar atención á súa viabilidade para buscar os organismos ou persoas que poidamos tratar de facer realidade o que se propouxo. 







Grazas a todas por asistir!!! 

Deixamos un mini video con algunhas imaxes da xornada.