Nova convocatoria e con ela novas inquedanzas dos nenos e nenas do cole que saen ao descuberto e que compartimos con todo o alumnado. Nesta ocasión tivemos de convidad@s no pleno á clase de 4º de educación primaria.
A convocatoria coincidiu co día da celebración do entroido no cole, como xa podedes ver no video... :=)
Para comezar, puxemos en común o noso proxecto anual deste actual curso escolar: Robotizarte.
Todas os representates de cada aula compartiron as súas inquedanzas sobre o que querían saber e o que sabían sobre esta temática de investigación tan chula que tiñamos para este ano (a arte e a robótica). Como podedes ver no video cada aula aportou cousiñas diferentes e as ideas e intereses van cambiando. E que... todos e todas somos diferentes!
Ademais, tamén fixemos entrega dende o Equipo de Convivencia do cole das nosas tarxetas das emocións para os recunchos da paz das aulas. Estas tarxetas serven para identificar como nos sentimos ante situacións de conflito que poden ter lugar no patio ou na propia clase, e teñen a función de axudar ao alumnado nese proceso de recoñecer as propias emocións e as emocións alleas. Algo fundamental na posta en práctica das práticas restaurativas. Tanto a persoa danada como a que danou deben dar conta de como se senten, de que foi o que aconteceu e de que poderían facer para solucionar ou reparar o dano causado.
ATA PRONTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario