Organismo creado para que o noso alumnado teña voz e voto nas propostas que se leven a cabo para mellorar a convivencia na vida diaria no centro.
“Os obxectivos básicos da educación deben ser aprender a aprender, aprender a resolver e aprender a ser.” (UNESCO)
Nesta primeira convocatoria fixemos a nosa primeira reunión na biblio, como era antes da pandemia!!! Que ben poder xuntarnos coma antes e falar no círculo respectando a palabra dos demais.
A convocatoria tiña uns puntos a seguir como é costume nas nosas reunións do Consello. Nesta ocasión tivemos que presentar aos novos membros e a directiva fíxoxe cargo: Sofía Crusat e David, da clase de 5º de primaria. Deron a benvida e entregaron a todos os membros o panel de propostas de mellora do cole no referido aos espazos comúns:
Para finalizar a sesión David e Sofía encargáronse de compartir co resto de representantes de cada aula os logros que se conseguiron dende o ano 2018 ata o momento grazas as propostas do noso alumnado e grazas ao funcionamento do noso Consello dxs nenxs. Se ben é certo que tamén se puxeron en común as cousas que todavían quedan pendentes e que non logramos acadar por diferentes motivos (falta de recursos económicos, falta de espazo...). Aínda así, seguiremos insistindo e traballando duro dende o Consello e contando coa axuda das nosas familias e o Cocello de Tui para poder dar cabida ao máximo de propostas e ideas do noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario