Fai unhas semanas o alumnado de 5º de primaria e 6º tivo a sorte de participar nunha charla motivacional de cara a poder formar parte do I Grupo de Participación da infancia que se vai crear no Concello de Tui
A dinámica enmárcase no proxecto ParTUIcipando e a charla foi desenvolta pola experta Karina, persoa coa que terán que falar as familias do alumnado que queira participar nesta iniciativa. Aqui tedes a presentación na que se explica con detalle en qué consiste: GRUPO ParTUIcipando
Para participar podedes avisar na secretaría do cole ou ben falando coas titoras da aula para poñervos en contacto con Karina e así apuntar ás vosas fillas e aos vosos fillos.
Esta dinámica garda moita relación co noso Consello dxs nenxs do cole, xa que se trata de dar voz, voto e participación activa ao noso alumnado, pensando no seu futuro como cidadáns de Tui.
Entrada en Instagram con Karina
Podedes facer clic no enlace para maior información:
MOITOS NENOS E NENAS XA DIXERON QUE QUERÍAN PARTICIPAR! AVISADE CANTO ANTES. GRAZAS FAMILIAS E ALUMNADO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario