Estamos de volta no noso Consello dxs nenxs!
Comezamos o curso enviando as candidaturas para quenes queiran presentarse poidan facelo coa axuda das súas familias. Dende o equipo de convivencia repartimos polas aulas os papeis para participar nas candidaturas, onde logo cada aula ten que votar democráticamente entre os candidatos ou candidatas que se presentaron.
Despois, tivo lugar a nosa primeira convocatoria na biblioteca, celebrada no mes de outubro. Nesta primeira convocatoria o que fixemos foi formar o Consello e presentar aos seus representantes.
Ademais, tamén fixemos entrega do seguinte soporte para cada aula onde terán que escribir as propostas que se lles ocorran para mellorar a convivencia do cole.
Aquí vai un mini video resumo da nosa primeira reunión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario