Boas!!!!
Aquí estamos de novo cunha convocatoria para celebrar o noso Consello. Nesta ocasión reunímonos na biblioteca no mes de novembro. O alumnado representate estaba citado na biblioteca para compartir co resto de representantes das outras aulas as propostas de mellora que teñen para a convivencia no cole.
Aquí temos o video resumo da nosa segunda reunión:
Agora, toca esperar a que a Presidenta Iria e a secretaria Carol revisen as propostas e as introduzan nun mesmo documento clasificandoas segundo poidan ser respondidas polo profesorado, o ANPA ou o Concello de Tui, así coma outras institucións.
Mans á obra!!!! Vémonos na seguinte reunión de cara ao segundo trimestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario